Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os colexios galegos dixitalízanse con aulas móbiles de informática

Os colexios galegos dixitalízanse con aulas móbiles de informática

Todos os centros contarán con pantallas dixitais e polos de creatividade

G24.gal 04/09/2023 14:44

Os colexios galegos prepáranse para o inicio de curso. A Xunta aposta por estender a todos os colexios galegos as últimas tecnoloxías para garantir a formación dixital do alumnado.

Das paredes do  CEIP Pintor Laxeiro de Vigo desapareceron xa os encerados tradicionais. Contan coas novas pantallas dixitais e tamén coas aulas móbiles de informática, carros de carga con portátiles para que os poidan empregar o alumnado na clase.

Este foi un dos 200 onde se testaron os polos de creatividade, puntos dotados con mesas de corte, impresoras 3D e outras tecnoloxías. Nos tres proxectos, a Xunta vai investir 84 millóns de euros para pór en marcha novas estratexias de aprendizaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade