Os colexios de Farmacia e Psicoloxía lanzan unha campaña para advertir do aumento dos trastornos alimentarios
Os colexios de Farmacia e Psicoloxía lanzan unha campaña para advertir do aumento dos trastornos alimentarios
Os colexios de Farmacia e Psicoloxía lanzan unha campaña para advertir do aumento dos trastornos alimentarios
Un de cada 20 adolescentes sofre un trastorno deste tipo
Non se trata só de anorexia ou de bulimia, senón tamén do consumo descontrolado de diuréticos, laxantes ou complementos cos que tratan de paliar a desconformidade que senten co seu corpo
Os farmacéuticos decláranse alarmados e advirten dos gravísimos danos que causan en órganos vitais as dietas descontroladas ou o consumo abusivo de compostos ou suplementos sen receita.
"Nin os laxantes nin os diuréticos serven para eliminar calorías e cando se abusa o único que se van conseguir son danos moi severos. Os TCA teñen taxas de mortalidade de ata o 5 %", declara Paula Briones, a vogal de Alimentación do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.
Por iso lanzan esta campaña en redes, en Instagram e en TikTok porque é de alí de onde saen moitas falsidades, mitos sobre alimentación requichados e estereotipos de beleza inalcanzables. Os adolescentes afectados son cada vez máis novos: case nenas preocupadas máis por adelgazar e nenos máis preocupados por ter músculo.
"Hai violencia simbólica e unha socialización diferenciada desde a infancia que leva a que as preferencias polos corpos ideais sexan distintos. Con esta campaña queremos que a mocidade se sinta inspirada para compartir as súas experiencias e a buscar axuda, sen medo e canto antes mellor", explica Rosa Álvarez Prada, a decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia.
Por iso no Colexio de Psicoloxía falan de abordar o problema non só desde o individual e reclaman unha prevención activa con psicólogos que poidan detectar estes problemas nos centros educativos.