Os clubs galegos rexeitan a actitude de Rubiales
Celta e Dépor emiten sendos comunicados instando a tomar "decisións contundentes"

Esta tarde Celta e Dépor pronunciáronse contra as actitude demostrada polo presidente da RFEF, Luís Rubiales.
O Celta "solicita aos organismos competentes que actúen sen dilación para depurar as responsabilidades do presidente da RFEF, Luís Rubiales, unha vez que de maneira pública declinou presentar a súa renuncia ao cargo". Ademais, considera que é polo ben do fútbol español e os valores que defende o deporte.
Pola súa banda, o Dépor tamén considera a actitude de Rubiales "contraria aos valores de igualdade e respecto persoal e institucional que cremos debe representar, transmitir e impulsar o fútbol". Por iso, insta a que se tomen decisión e recorda a súa felicitación ao fútbol feminino español.