Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cinco detidos na operacion Platón pasarán este xoves á disposición xudicial

Os cinco detidos na operacion Platón pasarán este xoves á disposición xudicial

A operación estaba dirixida a deter a persoas relacionadas co tráfico de drogas, algunha ben coñecida na zona

Realizáronse seis rexistros en distintas vivendas de Vilagarcía e de Ribadumia

G24.gal 04/06/2025 14:33

Pouco se sabe da operación. Hai silencio policial, porque a investigación segue aberta e non descartan máis detencións. Foron seis rexistros despregados a un tempo, con helicóptero incluído, sobrevoando distintos puntos de Vilagarcía e tamén de Ribadumia. Imposible que pasara desapercibido.

"Baixamos a tirar o lixo e atopamos un furgón de policía na porta, equipados con escudos e con aparellos para tirar portas e estiveron aquí toda a mañá", comenta un veciño. 

Un dos dispositivos que máis chamou a atención foi o da recta de Rubiáns, en plena nacional nunha hora punta, cando os traballadores entraban nas naves. Os axentes entraron na casa familiar dun dos detidos, ao mesmo tempo que rexistraban a vivenda que ten noutra zona de Vilagarcía, na Torre. A veciñanza mirou, escoitou e seguiu ao seu. Igual que no Piñeiriño, xa non se sorprenden. 

"É triste acostumarse pero entendo que non chame moito a atención. Ao haber hai un mes rexistros e demais, pois xa dis outro máis porque daquela houbo en distintas zonas da cidade e noutros concellos limítrofes e desta vez tamén", explica outra testemuña dos rexistros.

Segundo confirmou o subdelegado do Goberno, a operación estaba centrada na detención de persoas relacionadas co tráfico polo miúdo. 

"Quizais a policía estea máis enriba do tráfico miúdo que antes, que non se lle daba tanta importancia. Só ía aos peixes grandes, pero tamén os pequenos fai moito dano", engade.

No que vai de ano, e sobre todo no último mes, son xa varios os golpes ao pequeno tráfico no Salnés e na Arousa. Tamén houbo outras operacións maiores: en febreiro atoparon 120 quilos de cocaína nun buque ruso atracado en Marín e foi tamén soado o desmantelamento dunha rede de albaneses que usaba motos acuáticas para as descargas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade