Cargando resultados...
Os bombeiros dos parques comarcais seguen coas protestas
Este martes a manifestación diante da Deputación de Lugo transcorreu sen incidentes
As catro deputacións provinciais consideran excesivas as súas reivindicacións
G24.gal
31/10/2023 16:38
Os bombeiros dos parques comarcais continúan coas súas protestas para esixiren melloras laborais e salariais.
Hoxe manifestáronse diante da Deputación de Lugo e fixérono vestidos coa súa roupa de traballo e portando un ataúde con coroas de flores. Este martes a protesta transcorreu sen incidentes .
As catro deputacións provinciais consideran excesivas as reivindicacións dos bombeiros e aseguran que os salarios e as condicións de traballo melloraron desde que os parques volveron á xestión pública.