Un incendio nunha vivenda en Arteixo ocasiona dous feridos
Unha das persoas afectadas foi atendida por inhalación de fume e outra, por queimaduras
En Cambre outro incendio orixinado no chan de tarima flotante provoca danos materiais
Os servizos de emerxencia tiveron que acudir na tarde deste xoves a extinguir dous incendios rexistrados en vivendas das localidades coruñesas de Cambre e de Arteixo.
En Arteixo dúas persoas tiveron que ser atendidas tras declararse un lume na zona de rochos dun inmoble situado na rúa Buenos Aires, na Pastoriza. Foi un particular quen alertou o 112 Galicia.
As vítimas, unha muller de 53 anos e un home tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario. A primeira, por inhalación de fume, e o segundo, con queimaduras no antebrazo.
Incendio en Cambre sen vítimas
Esa mesma tarde, os servizos de emerxencia tiveron que extinguir outro lume rexistrado nunha vivenda da localidade coruñesa de Cambre.

Comezou no chan de tarima flotante dun dos cuartos. No operativo participaron os bombeiros e a Garda Civil. O incidente rematou sen danos persoais.