Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os balnearios son un dos destinos que máis turistas reciben durante esta ponte

Os balnearios son un dos destinos que máis turistas reciben durante esta ponte

Superan o 80 % de ocupación durante a ponte da Constitución

Balneario de Mondariz
G24.gal 06/12/2021 20:38

Durante a ponte da Constitución gran parte da poboación aproveitou para achegarse aos balnearios que hai repartidos por toda Galicia. 

O xerente da Asociación Balnearios de Galicia, Benigno Amor, destacou os balnearios como un destino seguro e asegurou nunha entrevista da Radio Galega:

"Son lugares moi axeitados para a xente que pasou a covid ou persoas que estiveron durante moito tempo encerradas"

En canto ao perfil dos visitantes, tamén explicou Amor que mudou, xa que antes acudía xente maior e esa tendencia está mudando.

"Acode xente maior, pero cada vez vén máis xente de todas as idades, familias ou grupos de amigos"

O xerente da Asociación Balnearios de Galicia incide en que as augas dos balnearios axudan a mellorar a calidade de vida das persoas e que, ao estar situados en contornos naturais, teñen dispoñibles ofertas moi completas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade