Publicador de contidos

Os avogados de oficio piden salarios dignos e dereitos laborais

Os avogados de oficio piden salarios dignos e dereitos laborais

A folga obrigou a suspender xuízos en toda Galicia

G24.gal 12/07/2023 16:47

Centos de avogados de oficio de Galicia saíron ás rúas este mércores para esixir retribucións dignas e dereitos laborais.

Secundaron unha folga que cualifican como "histórica" e que deixa varios xuízos suspendidos na comunidade.

"En xeral, en Galicia, foi apoiada a folga polos operadores xurídicos en practicamente todos os sitios; un xulgado ou outro aceptaron as suspensións", sinalan estas fontes.  

E é que, despois de que a Xunta non establecese servizos mínimos, foi o propio colectivo o que decidiu dar asistencia a detidos e manter as actuacións xudiciais máis importantes.

"É necesario que se nos recoñezan os mesmos dereitos laborais e sociais básicos, que ao resto dos cidadáns. A situación real dista moito da imaxe social que se ten de nós. Os avogados e procuradores carecemos de dereitos dos que hoxe sería impensable privar a calquera outro cidadán", dixeron os avogados nun escrito.

En Galicia exercen case tres mil avogados de oficio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos