Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os automóbiles de antes son tendencia

Os automóbiles de antes son tendencia

 O Club Coches Clásicos do Vicedo prepara unha concentración de vehículos dos 80 e 90

Pai e fillo, ambos socios do club, cos seus respectivos vehículos clásicos
Félix Aragunde 08/10/2025 20:42 Última actualización 08/10/2025 21:38

Por todo o país xorden clubs de coches clásicos, como o que formaron no Vicedo varios amantes dos automóbiles de máis de 25 anos de antigüidade. Entre os socios hai familias enteiras, con afeccións que se foron transmitindo de pais a fillos.

"Están todos involucrados. Funos metendo no mundo dos coches clásicos, que me gustan moito máis que os novos. Os novos serán moi bonitos, correrán moito e todo o que queiran, pero... sensación, ningunha", expresa Emilio José Salgueiro, secretario do Club de Coches Clásicos do Vicedo. 

"De toda a vida xa nos empezou cos coches. Eu, por exemplo, son moi apaixonada da velocidade, de conducir, e eles son máis de arranxalo, do mundo motor", engade a súa filla Patricia Salgueiro, socia do club. 

A varios dos socios, a paixón polos modelos dos anos 80 e 90 levounos a montar un taller na súa propia casa. En parte debido á necesidade, posto que se trata de vehículos con motores antigos, que en moitos casos xa nin son arranxados polos mecánicos máis novos.

"Eu teño un FP de grao superior, de automoción, aínda que non exerzo diso. E sumándolle que meu pai tamén ten coñecementos, pois imos facendo o que podemos e amañándonos", explica Alejandro Salgueiro, tesoureiro do Club Coches Clásicos do Vicedo e irmán de Patricia. 

"Sempre tivemos entre varios un garaxe onde gardalos e para os pequenos amaños. Todo iso sempre intentamos facelo nós", afirma Daniel Durán, vogal do club. 

 

Taller mecánico nunha das vivendas dos membros do club Taller mecánico nunha das vivendas dos membros do club

O día 25, este club mariñao celebra unha concentración de coches clásicos, que agarda contar coa inscrición dun cento de participantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade