Publicador de contidos

Publicador de contidos

As motos de menor cilindrada consolídanse como alternativa ao coche nas cidades

As motos de menor cilindrada consolídanse como alternativa ao coche nas cidades

G24.gal 02/10/2025 21:34

A capacidade das motos para sortear o tráfico en espazos urbanos pode ser factor determinante para mudar hábitos. Por comodidade para circular e aparcar, e por ser unha opción máis económica có automóbil. As motos gañan terreo na mobilidade urbana.

"Notamos moito que a xente está deixando o seu segundo coche e compra unha moto porque élle moito máis cómodo, aparca antes amais as motos non teñen que pagar para estacionar, chegan máis rápido aos sitios, e, sobre todo, o tema do consumo porque é un consumo de media dun 2% fronte a un 8% ou 10% dun coche que circula en cidade", explica Ángel Vázquez, xefe de vendas do concesionario Motor 7 na Coruña de Honda.

As máis demandadas, as de menor cilindrada. Para conducilas abonda con ter tres anos de carné de coche.

"Unha das vantaxes que teñen as motos de 125 cc, as máis solicitadas, é que teñen capacidade para levar dous cascos integrais sen necesidade de maleta exterior ou un casco e unha bolsa ou mochila de traballo", apunta Manel Botana, propietario dos concesionarios Manell Motor de Yamaha. 

A proliferación de servizos de reparto e entrega de todo tipo de mercadorías impulsan tamén as vendas.

"Nós pensamos que era algo da pospandemia e que duraría un ano o dous ou que non ía evolucionar, pero cada vez foi a máis", sinala Manel Botana.

Unha tendencia que tamén confirma Ángel Vázquez cando di que "o delivery agora mesmo subiu moito co cal as vendas das motos que chamamos de cidade están a subir ao redor dun 10% anual".

Moverse en moto contribúe a aliviar o tráfico e optimizar o uso do solo urbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade