Os armadores reclaman as mesmas condicións fiscais que as dos barcos de bandeira estranxeira
As condicións fiscais son distintas nos barcos de capital español dependendo da bandeira
Os armadores denuncian que este agravio comparativo está a causar problemas na contratación de traballadores
Son tripulantes de barcos españois que pescan nos mesmos caladoiros e operan e descargan nos mesmos portos con igual salario, pero as condicións fiscais son distintas dependendo da bandeira do buque.
Os armadores denuncian que este agravio comparativo está a causar problemas na contratación de traballadores nos barcos españois, de feito algúns están parados por falta de persoal, sobre todo nos postos de mando.
Urxen unha equiparación nas condicións fiscais que xa solicitaron ao Ministerio de Facenda hai un ano.
Alertan de que o problema da remuda xeracional que sofre a profesión se ve acentuado por esta situación que pon en risco a continuidade das frotas.