Publicador de contidos

Publicador de contidos

O persoal anestesista reivindica a especialidade no seu día mundial

O persoal anestesista reivindica a especialidade no seu día mundial

En España hai déficit de profesionais médicos desta rama

G24.gal 16/10/2022 13:44 Última actualización 16/10/2022 18:48

A última película do taquilleiro Ron Howard, inspirada nunha historia real, dálle un papel protagonista ao persoal de anestesia. Pero, do outro lado da pantalla, a épica de Hollywood cédelle o terreo á profesionalidade.

"Tentamos que o paciente chegue ao quirófano coa maior seguridade posible", subliña Fermín Domínguez Hervella, xefe de Anestesioloxía do CHUO.

Máis de tres millóns e medio de operacións ao ano en España, 15 mil só na provincia de Ourense, requiren dos seus servizos.

"En cirurxía programada e nos quirófanos de urxencia durante as 24 horas do día, os 365 días do ano. Nos quirófanos a anestesia varía segundo a especialidade cirúrxica e segundo o tipo de paciente. A anestesia non é a mesma para todos os pacientes", explica.

Máis alá do quirófano

Pero o quirófano só representa a metade do seu labor nun hospital. Atenden pacientes antes e despois da operación e tamén se ocupan dos críticos na unidade de reanimación, das exploracións que requiren sedación e mesmo de combater a dor en casos extremos desde oncoloxía a hernias discais.

"A onde non chegan outras especialidades nin a atención primaria estamos nós con técnicas de última xeración como a radiofrecuencia, implantación de neuroestimuladores...", comenta.

Malia a súa importancia, hai déficit de anestesistas no noso país. Cómpren ao redor dun milleiro, segundo estima a Sociedade Española de Anestesioloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade