Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os agricultores da Limia demandan máis analíticas de solo para intentar aforrar fertilizantes

Os agricultores da Limia demandan máis analíticas de solo para intentar aforrar fertilizantes

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro que o Inorde ten en Xinzo realizou no que vai de ano máis de 1.400 análises

Os produtores poden coñecer así os os nutrientes da terra para fertilizar de xeito máis rendible e máis sostible

G24.gal 26/04/2022 20:53

Unha semana antes de que comece o forte da nova campaña de plantación de pataca na Limia, a principal comarca produtora de Galicia, no laboratorio do Inorde onde analizan as propiedades da terra están estes días a pleno rendemento.

No Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro levan máis de 20 anos realizando analíticas de solos, pero esta tempada o traballo é maior. A demanda destas análises incrementouse este ano un 20 por cento, dende xaneiro ata hoxe levan xa feitas máis 1.400.

Sabendo os nutrientes que ten a terra onde van cultivar, os agricultores poderán fertilizar de xeito máis sostible e máis rendible.

Estes agricultores limiaos teñen máis de 60 hectáreas de cultivos, principalmente pataca, que comezarán a sementar para a vindeira semana. Grazas a estas analíticas poden aforrar en fertilizantes e mellorar a produción.

As novas normativas que entrarán en vigor en breve para fomentar unha agricultura máis respectuosa co medio, farán obrigatorias estas analíticas que hoxe son optativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos