Publicador de contidos
Publicador de contidos

O inmoble incendiado será tapiado nos próximos días

O inmoble incendiado será tapiado nos próximos días

O edificio permanece precintado e custodiado pola policía local, pero os afectados puideron recoller as súas pertenzas

Unha decena de persoas foron realoxadas en hostais de Vigo e o resto están nas casas de familiares ou amigos

G24.gal 12/10/2023 20:48 Última actualización 12/10/2023 21:20

Acompañados por axentes da policía local, os inquilinos do edificio en que se produciu o incendio comezaron xa a recoller as súas pertenzas. A previsión é que nos próximos días o inmoble sexa tapiado. Tratan de recuperar o que non se danou no incendio, aínda moi conmocionados polo sucedido. 

O edificio permanece precintado e custodiado pola policía local. Unha decena de persoas foron aloxadas en hostais da cidade e o resto desprazouse temporalmente ás casas de familiares ou amigos. Ao pesar polas perdas e á preocupación polos feridos, únese a incerteza sobre o seu futuro.

Ata o lugar tamén se desprazaron veciños do barrio e achegados das vítimas, que nun pequeno altar improvisado lembran aos catro falecidos neste tráxico incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade