Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os abonos Avant comezan a controlarse por DNI para evitar reservas fraudulentas

Os abonos Avant comezan a controlarse por DNI para evitar reservas fraudulentas

Os usuarios con dous abonos xa non poden burlar a medida que impide reservar dous trens consecutivos se non transcorre tres veces o tempo que dura a viaxe entre as horas de saída

G24.gal 16/05/2025 13:31

O control dos abonos gratuítos e bonificados ao 50 % dos servizos Avant de Renfe (alta velocidade de media distancia) realizarase ata o 31 de decembro de 2025 a través do DNI do usuario, co fin de evitar reservas fraudulentas de praza.

O control estaba a facerse a través do abono, co que se unha persoa dispoñía de dous abonos coa mesma data de validez podía evitar o filtro e obter dúas formalizacións para trens consecutivos sen a limitación do tempo de viaxe entre as horas de saída.

Pero desde o pasado 5 de maio está en vigor a nova medida de control por DNI, co que, se unha persoa solicita formalizar reserva con dous abonos diferentes en trens consecutivos, o sistema non llo permitirá, explicou este venres Renfe nun comunicado.

Segundo as condicións das medidas de fomento do transporte colectivo de decembro de 2023, un viaxeiro non pode formalizar viaxes para dous ou máis trens consecutivos, no mesmo sentido, cando entre o horario de saída do primeiro e o do segundo haxa unha diferenza inferior ao triplo do tempo de viaxe.

Esta limitación afecta a todos os abonos dun mesmo viaxeiro, recalcou a operadora ferroviaria pública.

Os servizos Avant con rebaixas do 50 % manteranse ata decembro de 2025, mentres que os de altas prestacións entre Murcia e Alacante e os Avant entre Ourense e A Coruña seguirán sendo gratuítos ata o 30 de xuño de 2025, do mesmo xeito que nas relacións punto a punto Madrid-Salamanca.

En canto aos abonos gratuítos de proximidade, Rodalies e media distancia, estarán vixentes ata o próximo 30 de xuño, con excepción de Cantabria e Asturias, onde os servizos de proximidade e Proximidades Ancho Métrico estarán bonificados ao 100 % todo o ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade