Publicador de contidos

Publicador de contidos

Orgullo, felicidade e emoción na familia de Tere Abelleira

Orgullo, felicidade e emoción na familia de Tere Abelleira

Xuntamos boa parte da súa familia poucos días antes da final do Mundial

G24.gal 16/08/2023 15:39 Última actualización 16/08/2023 15:48

Estivemos coa familia de Tere Abelleira. Agás cos pais, que están en Sydney, reunimos o resto. A irmá de Tere, que está casada con Edu Sousa, o meta do Pontevedra; o irmán, os tíos e tías, os avós paternos, os sobriños. Esta é a familia da mellor xogadora do mundial de fútbol.

Dentro da infinidade de toda esa ledicia está a galega Tere Abelleira. E a uns 16.000 quilómetros dela está a súa familia, unha familia moi feliz. Tere Abelleira foi titular en todos os partidos da selección. A futbolista que xogaba cos nenos cando era cativa e que agora, con 23 anos, é unha das estrelas do fútbol español.

A final será o domingo, en Australia, e por alí veremos a número tres da selección, e por aquí, a súa irmá, emocionada, como toda a familia de Tere Abelleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade