Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova xornada de exames para acadar unha praza no ensino público galego

Nova xornada de exames para acadar unha praza no ensino público galego

Este domingo celébranse as probas para educación secundaria, inspección, escolas oficiais de idiomas e artes plásticas e deseño

G24.gal 19/06/2022 10:11 Última actualización 19/06/2022 14:51

Un total de 222 tribunais compostos por máis de mil docentes velan esta fin de semana pola celebración da oposición de 2.484 prazas no ensino primario e secundario galego.

O sábado, na quenda das probas de primaria, estaban en xogo 1.148 prazas fixas en tres modalidades: infantil, a mais numerosa, pedagoxía terapéutica e música.  

Na xornada deste domingo, compiten por unha praza das 1.087 ofertadas para a educación secundaria, inspección, escolas oficiais de idiomas e artes plásticas e deseño.

En total, sométense ás probas preto de 23.000 persoas nas 145 sedes habilitadas pola Xunta, en 14 localidades de toda Galicia.

A oposición está enfocada neste 2022 a persoas que se licenciaron recentemente e a profesorado con pouca experiencia

As persoas interinas e substitutas non están obrigadas a presentarse ao procedemento. Estas prazas súmanse á oferta de emprego público de estabilización de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade