Cargando resultados...
O porto de Celeiro inicia o amarre parcial da súa frota por mor da suba do gasóleo
A suba do combustible ata un 30 por cento fai inviable que os buques saian pescar
Todo apunta a que outros portos poderían tomar a mesma medida

G24.gal
07/03/2022 16:46
A factura do gasóleo pon en risco a actividade do sector pesqueiro. O Porto de Celeiro acaba de anunciar que van iniciar o amarre parcial da súa frota.
A suba do combustible ata un 30 por cento fai inviable que os buques saian pescar. Son os primeiros en anunciar o amarre, pero todo apunta a que seguirán o mesmo camiño outros portos.