Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos na operación antidroga de Arousa

Tres detidos na operación antidroga de Arousa

Realizaron rexistros simultáneos en Vilanova, Vilagarcía e Cambados

Esta operación realízase só 15 días despois da detención de 3 persoas noutra redada na provincia de Pontevedra

 

G24.gal 05/10/2022 13:33

Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional desenvolveron dende esta mañá un operativo conxunto, con rexistros simultáneos en Vilanova, Vilagarcía e Cambados. Polo de agora, saldouse con tres persoas detidas.

Segundo informaron fontes coñecedoras do operativo a Europa Press, na intervención, realizada conxuntamente pola Garda Civil e a Policía Nacional, os axentes incautáronse de "certa cantidade de cocaína".

No marco deste operativo producíronse varios rexistros e, segundo puido saber Europa Press, un deles produciuse nun inmoble da Avenida de Galicia, en Cambados.

Este golpe ao tráfico de droga en Galicia chega apenas 15 días despois da detención de 3 persoas noutra redada desenvolvida na provincia de Pontevedra, en relación co tráfico de heroína. As imaxes que lles ofrecen pertencen a un operativo anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade