Publicador de contidos

Publicador de contidos

Onésimo: "Fin de ciclo? Xa analizaremos. Hoxe toca dixerir"

Onésimo: "Fin de ciclo? Xa analizaremos. Hoxe toca dixerir"

O adestrador do Celta B analizou a decepción de non entrar nos playoff de ascenso

G24.gal 28/05/2022 21:40

Tras varias xornadas bicando a clasificación para as eliminatorias de promoción a segunda división, a prolongación foi cruel para un Celta B ao que non lle serviu o empate nas Gaunas, xa que un gol do Majadahonda deixounos sen premio. Alí estivo a Radio Galega e conversou co técnico Onésimo Sánchez.

"Sabiamos das dificultades e hoxe non fomos nós. Houbo un momento no 1 tempo. Pero logo cando nos puxemos por diante faltounos madurez para manter o resultado ou ir de novo a polo partido. Non foi o mellor partido noso pero quero poñer en valor a temporada do equipo, que non é doado, con todas as cousas que nos pasaron. Isto é parte do xogo e da aprendizaxe"

Agora toca facer análise da temporada e pensar no futuro. Onésimo caneou coma cando era xogador.

"Tivemos unha temporada de sobresaínte pero erramos na matricula de honra. Eu o dos fins de ciclo non creo. Isto é fútbol e tocará analizar, hoxe é dixerir e exercer de psicólogo cos rapaces" 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade