Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este domingo baixan as temperaturas en Galicia e agárdase neve por enriba dos 1.000 metros

Este domingo baixan as temperaturas en Galicia e agárdase neve por enriba dos 1.000 metros

A ponte festiva tamén estará marcada en Galicia pola chegada do frío 

Alerta laranxa no litoral da Coruña e Lugo e o domingo chega o frío polar con neve por enriba dos 1.000 metros

Avisos por neve, chuvia, vento e mar no norte peninsular e nas Baleares

G24.gal 07/12/2024 14:49 Última actualización 08/12/2024 09:32

Todo o litoral galego permanece en aviso. Hai moito mar e tamén vento. Na Mariña, na Costa da Morte e no noroeste da Coruña o aviso é laranxa. As ondas andan entre os catro e os sete metros e o vento pode chegar nalgúns puntos ata os 61 quilómetros por hora.

Segundo MeteoGalicia, amais de vento e ondas de ata sete metros, tamén vai chegar a chuvia e a neve por enriba dos 1.000 metros.

A situación está complicada esta fin de semana no litoral. Estas son imaxes de Muxía deste mediodía. O mar está bravo e aproveitando a ponte festiva curiosos e turistas achegábanse ata a costa para contemplalo, algúns con actitudes pouco prudentes.

"Cando veñen ondas fortes e grandes, a xente parece que é moi inconsciente á hora de achegarse tanto", "Estivemos tamén en cabo Touriñán, no faro, precioso, pero moito vento hai que ter moito coidado", din algúns dos visitantes en Muxía.

Na Costa da Morte, na zona do noroeste do litoral da Coruña, e na mariña luguesa hai aviso laranxa. As ondas superan os cinco metros e hai fortes ventos do norte con intervalos de forza 7.

"Está o mar un pouco feo, é normal o aviso, pero a frota está amarrada  e non hai problema", "A min gústame ver o mar así", "está bastante picado, hai que ter coidadiño que isto é perigoso", comentaban outros visitantes na mariña luguesa.

Ademais, as boas temperaturas de novembro xa quedan atrás. Chega o frío e baixa a cota de neve o domingo ata os mil metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade