Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito murais pintados en fachadas animan as rúas de Quiroga

Oito murais pintados en fachadas animan as rúas de Quiroga

Hai unha ruta de quilómetro e medio que permite ver todos os deseños

A vila prevé aumentar a colección de arte ao aire libre nos vindeiros meses

G24.gal 06/03/2022 18:35

Unha peregrina, unha superavoa ou unha alvariza. En Quiroga, as fachadas son un lenzo para os artistas. Oito murais decoran varias paredes en lugares estratéxicos da vila que non pasan desapercibidos.

Son deseños que se axustan á parede e reclaman a atención de veciños e visitantes. Para coñecelos ben hai unha ruta de non máis de quilómetro e medio que pasa por todos eles.

Tamén, polo albergue e a Casa da Cultura, que locen na súa fachada uns lapis en lembranza de escritores da zona.

Son herdeiros dun pasado que se pon de relevo en cada recuncho da vila e que ten previsto continuar con novos murais nos próximos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar