Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito lugares ábrense ao público en Santiago na Semana do Patrimonio Invisible

Oito lugares ábrense ao público en Santiago na Semana do Patrimonio Invisible

As novidades deste ano foron a tribuna da catedral, os mananciais medievais e a confraría do Rosario   

G24.gal 13/09/2022 21:22

A Semana do Patrimonio Invisible de Santiago é unha ventá que abre o Concello só unha vez ao ano pola que poden entrar arredor de 450 persoas, privilexiados durante a hora que dura a visita a 8 lugares impenetrables decote de Compostela, que se renovan ano tras ano.

"Mostrar aquel patrimonio que estamos fartos de ver ante os nosos ollos pero non sabemos o que é, porque nunca entramos ou non está habilitado para as visitas" é o que intentan os guías como Leo González ou Enma Gutiérrez, xa veteranos da Semana do Patrimonio Invisible.

"Incluso edificios como Fonseca, que non parece tan invisible pero os espazos que visitas non son de fácil acceso", engaden.

Visitantes e visitados engádenlle valor como nos contan eles mesmos.

"Valor engadido que son as propias persoas que traballan, viven ou se relacionan co espazo que nos contan a historia do espazo. Tanto os guías como os visitantes aprendemos uns doutros, nós temos un esquema pero logo vaise enchendo de contidos que nos achegan os propios cidadáns".

As prazas limitadas para darlle posibilidade a máis xente xeran insatisfacción entre os que desexarían que a proposta se estendese ao longo do ano. As entradas, gratuítas, esgotáronse en cuestión de minutos e hai unha longa lista de agarda, por se hai cancelacións. Quen pode, repite ao ano seguinte.

Conta Enma Gutiérrez, guía, que levan cinco edicións e é un evento moi solicitado, que a xente xa sabe del e espérao. De aí a dificultade para conseguir entradas na convocatoria que se fai en liña. 

Este ano abriron a tribuna da catedral, os mananciais medievais e a confraría do Rosario, oixinaria do século XVI. Coincidindo co Día do Patrimonio, haberá dúas visitas secretas a noite do venres e un percorrido pola Compostela oculta a noite do sábado. Porque un patrimonio coñecido é un patrimonio valorado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade