Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ocupa un chalé de Oleiros para compensar os cartos que di que entregou como sinal de reserva

Ocupa un chalé de Oleiros para compensar os cartos que di que entregou como sinal de reserva

Os veciños alertaron a Garda Civil

Aliseda, a promotora inmobiliaria, vai presentar unha demanda de desafiuzamento

G24.gal 01/06/2022 14:43 Última actualización 01/06/2022 15:01

Un home ocupou nas últimas horas un chalé do lugar da Pezoca, en Oleiros. Di que quedou sen traballo e que no piso onde vivía deixou de pagar o alugueiro hai tres meses. Conta que non quería que esa débeda fose a máis, así que optou por ocupar a casa que no seu día reservou e entregou como sinal 1.500 euros. 

Finalmente, segundo explica, non quedou coa vivenda e a promotora inmobiliaria indicoulle que non lle podía devolver eses cartos. Por iso, para compensar o diñeiro perdido di que decidiu entrar a vivir no chalé onde ten intención de quedar ata comezos do ano que vén. 

A primeira hora da mañá deste mércores, unha empresa de porte continuaba coa mudanza. Porén horas antes, veciños da urbanización ao ver que estaba a ser ocupada ilegalmente, alertaron a Garda Civil. 

A Televisión de Galicia púxose en contacto con Aliseda, a promotora inmobiliaria, e informáronnos de que descoñecen a identidade do ocupante ilegal. Engaden ademais que non teñen ningunha oferta aprobada nin entrega de sinal para reservar o chalé. Así que van presentar e tramitar a pertinente demanda de desafiuzamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade