Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obrigan a aterrar un avión en Francia polo mal comportamento duns pasaxeiros

Obrigan a aterrar un avión en Francia polo mal comportamento duns pasaxeiros

O voo que facía a ruta entre Londres e Alacant tivo que aterrar de emerxencia en Francia ante os disturbios que estaban a causar un grupo de pasaxeiros

Estaban a celebrar unha despedida de solteiro e acabaron detidos; segundo as testemuñas, consumiran moito alcol

G24.gal 30/09/2025 14:42

No momento en que os xendarmes franceses acceden ao avión puideron escoitarse os aplausos do resto de pasaxeiros, que dan idea da tensión que viviron no voo. O comportamento dun grupo de viaxeiros da ruta entre Londres e Alacante obrigou a facer unha aterraxe de emerxencia na cidade francesa de Tolosa.

Segundo as testemuñas, o grupo consumira moito alcol e foron groseiros durante o percorrido, chegando a colocar os pés por riba do repousacabezas doutros pasaxeiros ou cuspindo.

Algúns relataron que o detido mesmo berrara a súa intención de abrir a porta de emerxencia en pleno voo. Unha situación que xerou a alarma dentro do avión, o que obrigou a esa aterraxe de emerxencia para que interviñesen as forzas de seguridade galas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade