Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiro e Ourense saen vitoriosos na segunda xornada da Copa de España

Obradoiro e Ourense saen vitoriosos na segunda xornada da Copa de España

Os santiagueses mallaron no Mataró e o COB desfíxose con problemas do Prat

G24.gal 11/09/2024 21:19

No baloncesto os equipos galegos da Primeira Federación, a antiga LEB, tiveron a segunda xornada da copa de España. O Obradoiro derrotou con contundencia o Mataró (60-94), amosando a diferenza de categoría. Gonzalo Rodríguez Palmeiro repartiu minutos entre os seus xogadores nesta segunda proba da pretemporada. Jacob Stephens foi o máximo anotador e Sergi Quintela o máis valorado.

Tamén xogou o Club Ourense Baloncesto. Os xogadores de Moncho López derrotaron o Prat 91-97. O base portugués Rafa Lisboa foi o máis destacado con 18 puntos e 6 asistencias. Os ourensáns conseguen así a súa primeira vitoria na Copa de España. O sábado xogarán no Pazo contra o Mataró.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos