Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obradoiro e Breogán preparan unha terceira xornada de altos voos

Obradoiro e Breogán preparan unha terceira xornada de altos voos

O Xirona de Marc Gasol e Aíto García Reneses visita o Sar

O Breogán, líder da ACB, viaxa á pista do Joventut, que aínda non gañou 

G24.gal 06/10/2022 22:17

O primeiro partido desta terceira xornada na ACB xógase en Sar. O Obradoiro recibe o Xirona de Aíto García Reneses e Marc Gasol, un equipo que aínda non coñece a vitoria no que levamos de curso. Tras perder na pista do Real Madrid, Moncho insiste en que o seu equipo está aínda en proceso de aprendizaxe. Minimizar as perdas é un dos aspectos que o adestrador quere mellorar esta temporada.  

O Breogán viaxa a Badalona. Mídense dous equipos en momentos ben diferentes: os galegos suman dous triunfos esta campaña; os cataláns, dúas derrotas. Mrsic loa o potencial do Joventut ao tempo que recoñece que non o sorprende o bo arranque do Breogán este curso.

En principio, o técnico breoganista poderá contar para esta cita con Eric Quintela, recuperado xa dunhas molestias musculares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade