Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuvenil Fran Torres salta ao estrelato na pista do Benfica con dous goles

O xuvenil Fran Torres salta ao estrelato na pista do Benfica con dous goles

O Liceo remonta (2-2) grazas aos goles de Tombita no segundo tempo

Precisa un triunfo na última xornada diante do Oliveirense para meterse na F8

G24.gal 23/03/2023 23:26

O xuvenil do Liceo (18 anos) Fran Torres, máis coñecido como Tombita, saltou ao estrelato na pista do poderoso Benfica cun dobrete que permitiu sacar un punto dunha das pistas máis difíciles de Europa (2-2). 

O empate non cambia as necesidades para a última xornada na que lle terá que gañar ao Oliveirense en Riazor para meterse na Final a 8 da Champions League, pero dá unha moral extraordinaria para afrontar esa finalísima. 

O Benfica precisaba un punto para asegurar a primeira posición. Xusto antes do descanso marcou dous goles (Pablo Álvarez e Carlos Nicolía) que deixaban o partido moi encamiñado para o equipo local. 

O Liceo mantivo sempre a competitividade. No minuto 36 entrou no partido Fran Torres e só un minuto máis tarde marcaba o 2-1. Sen tempo para a reacción local o propio Torres marcaba o tanto do empate nunha das aparicións máis prodixiosas que se lembra dun canteirán liceísta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar