Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declaran oito testemuñas novas vencelladas ao caso de Samuel Luiz

Declaran oito testemuñas novas vencelladas ao caso de Samuel Luiz

Entre os citados, hai persoas que viron, supostamente, como un grupo de mozos mallou en Samuel durante seis minutos ata acabar coa súa vida

G24.gal 03/12/2021 14:11

Continúa a investigación para esclarecer a morte violenta de Samuel Luiz, o mozo de 24 anos asasinado a golpes na madrugada do pasado 3 de xullo no paseo marítimo da Coruña.

Estaba previsto que ao longo da mañá deste venres o xuíz instrutor e as partes escoitasen a versión de oito novas testemuñas vencelladas co caso e solicitadas pola Fiscalía.

Entre os citados, hai persoas que viron, supostamente, como un grupo de mozos mallou en Samuel durante seis minutos ata acabar coa súa vida e outras que foron chamadas por ter algún tipo de relación cos procesados o día en que se rexistraron os feitos.

O crime xa ten os seus presuntos culpables. As seis primeiras detencións producíanse días despois do asasinato de Samuel. Case tres meses máis tarde producíase a sétima. A día de hoxe, dous menores atópanse ingresados nun centro especializado.

Dos maiores, tres varóns están na cadea e os outros dous, entre os que está a moza dun dos anteriores, quedaron en liberdade coa obriga de comparecer no xulgado periodicamente.

A fiscalía, a acusación particular e tamén a popular piden asasinato para os acusados maiores de idade. O caso dos dous menores está a ser tramitado pola Fiscalía de Menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade