Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado arquiva unha denuncia de acoso sexual contra o alcalde de Tui

O xulgado arquiva unha denuncia de acoso sexual contra o alcalde de Tui

O alcalde, o socialista Enrique Cabaleiro, expresou a súa "total satisfacción" e agradeceu a "cautela" coa que a oposición abordou o asunto

O concelleiro de Urbanismo de Tui está citado a declarar o próximo martes por unha denuncia por acoso laboral presentada pola mesma funcionaria

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 29/04/2026 13:57

O tribunal de instancia, sección civil e de instrución praza 3 de Tui acordou arquivar provisionalmente a denuncia de acoso sexual que presentou unha funcionaria municipal contra o alcalde da localidade, Enrique Cabaleiro, segundo informou a EFE o propio rexedor tudense.

Cabaleiro, do PSOE, sinalou que recibiu a comunicación do sobresemento provisional este mércores e expresou a súa "total satisfacción" pola decisión xudicial, que, no entanto, é susceptible de recurso.

O alcalde agradeceu a "cautela" coa que a oposición abordou esta cuestión e destacou o "comportamento excepcional do BNG" porque os nacionalistas, ante unha acusación "tan grave", desde o "primeiro momento" trasladáronlle apoio a través do seu portavoz municipal.

Investigado un concelleiro por acoso laboral

Outro xulgado de Tui, a praza 2 da sección civil e de instrución, citou para declarar como investigado o vindeiro martes o concelleiro de Urbanismo por acoso laboral, tras unha denuncia interposta pola mesma persoa.

O rexedor tudense advertiu de que esta denunciante xa presentara no pasado outras denuncias por acoso laboral no Concello que foron arquivadas, polo que ten "plena confianza" en que esta acabará tamén do mesmo xeito.

Cabaleiro sinalou que tanto a denuncia contra el como a que afecta o concelleiro de urbanismo "danan de forma irreparable" a súa imaxe e afectan as súas familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade