Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuíz admite a querela contra Rubiales por agresión sexual e coaccións a Hermoso

O xuíz admite a querela contra Rubiales por agresión sexual e coaccións a Hermoso

O maxistrado dá traslado da querela a Rubiales para que teña "pleno coñecemento dos feitos imputados"

Igualdade espera que a xustiza inhabilite a Rubiales para ostentar cargos e adestrar menores

G24.gal 11/09/2023 15:52 Última actualización 11/09/2023 16:09

 O xuíz da Audiencia Nacional Francisco de Jorge admitiu a trámite a querela da Fiscalía contra o xa expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luís Rubiales polos delitos de agresión sexual e coaccións con relación ao bico que deu á xogadora Jenni Hermoso tras a final do Mundial en Sydney.

O maxistrado ditou un auto este luns no que incoa dilixencias previas e dá traslado da querela a Rubiales para que teña "pleno coñecemento dos feitos imputados" e poida exercer o seu dereito de defensa.

No auto,, o maxistrado acorda as primeiras dilixencias neste procedemento, entre elas solicitar de RTVE o vídeo ou vídeos que teñan nos seus arquivos que recollan o momento desde todos os ángulos no que o querellado bica á denunciante, así como os minutos inmediatamente anteriores e posteriores ao feito relativos á celebración do triunfo da selección de fútbol feminino.

Ademais, require ao xornal El País o vídeo da celebración no vestiario que ten colgado na internet e ao diario AS o dos momentos do bico e calquera outros relacionados cos feitos. Pola súa banda, ao diario La Vanguardia, o instrutor solicita o vídeo da celebración no autobús da selección española de fútbol feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade