Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xornal 'El Español' insiste na reunión entre Pedro Sánchez e Arnaldo Otegi

O xornal 'El Español' insiste na reunión entre Pedro Sánchez e Arnaldo Otegi

'El Español' sinala que Koldo recoñece ter conducido a Cerdán e Sánchez ao casarío

Os dous protagonistas negaron que se celebrara e din que se trata dunha mentira

G24.gal 25/11/2025 14:37

O teléfono móbil de Koldo podería ter mensaxes sobre a reunión entre Pedro Sáchez e Arnaldo Otegi. É o que publica o xornal 'El Español', que insiste nesa xuntanza previa á moción de censura de 2018. Tamén apuntan que Koldo recoñece que conduciu a Sánchez e a Cerdán a ese encontro.

O presidente do Goberno nega esa reunión e dende Bildu, Otegi acusa de mentir a Koldo e a 'El Español' e asegura que non tería motivos para ocultar a reunión se fose certa.

O Partido Popular acusa a Sánchez de pactar cun terrorista o futuro do país.

Este xoves celebrarase a vista no Tribunal Supremo para revisar a liberdade de Koldo García e do exministro Ábalos. As acusacións populares pedirán o seu ingreso en prisión provisional.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade