Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Villa de Pitanxo trasladou ata Terra Nova un traballador doutro barco que non foi notificado

O Villa de Pitanxo trasladou ata Terra Nova un traballador doutro barco que non foi notificado

O tripulante número 25 viaxou en tránsito ata o seu barco en augas NAFO

A representación legal da armadora admite un "mero erro administrativo" ao non incluír este pasaxeiro no enrole porque "foi unha decisión de última hora"

G24.gal 13/12/2022 14:30

A representación legal do Grupo Nores, empresa armadora propietaria do Villa de Pitanxo, recoñece que na lista de tripulantes enviada á Capitanía Marítima de Vigo para o despacho do barco non se puxo, por un "erro meramente administrativo", que a bordo ía unha persoa en tránsito como persoal alleo á dotación do pesqueiro. Desde xeito, desde o porto de Vigo partiu un tripulantes número 25 que non consta en ningún documento "nin como tripulante nin como persoal alleo á dotación".

Esta persoa foi trasladada ata augas de Terra Nova onde fixo transbordo ao seu buque, días antes de que se producira o naufraxio do Villa de Pitanxo.

Fontes de Capitanía Marítima aseguran que non lles consta o dato. O enrole de persoal alleo á tripulación aparece regulado no artigo 33 do regulamento sobre Despacho de Buques e ten que ser notificado. Este órgano mantén dous expedientes administrativos sancionadores abertos porque non coincidían os tripulantes que realmente ían a bordo cos que figuraban na listaxe na saída de Vigo, e porque levaba dúas persoas máis que as autorizadas. Agora sábese que, en realidade, son tres as persoas a maiores que ían a bordo.

Os dous expedientes están suspendidos porque foron remitidos ao Ministerio Fiscal por se os feitos transcendesen o ámbito administrativo. De non ser así, continuarase a instrución do expediente sancionador que probablemente agravará a sanción definitiva.

As familias da vítimas cren que é relativamente habitual que os barcos de Gran Sol e Terra Nova leven tripulantes en tránsito, pero censuran que se fixese, neste caso, de forma irregular, sen notificación ningunha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade