Debacle do Vilarreal en Dortmund (4-0)
Os de Marcelino seguen sen gañar nesta edición da Champions League
A clasificación para a seguinte rolda convertese nunha quimera para os amarelos
@VillarrealCF
Naufraxio do Vilarreal en Dortmund. O submarino amarelo saíu goleado de Alemaña e practicamente dixo adeus as súas opcións de acceder á seguinte rolda da Liga de Campións.
O plan de partido do Vilarreal era claro. Cederlle a pelota ós locais para roubar e saír rápidos á contra. Tiveron tres chegadas claras os de Marcelino no primeiro período. A primeira rematou cun gol anulado a Buchanan por claro fora de xogo. A segunda do propio Buchanan que errou no remate final. E a terceira de Pape Gueye tras unha boa xogada de pizarra pero o seu remate saíu por riba do traveseiro da portería do Dortmund. Pero na última xogada da primeira metade Guirassy adiantaba ós xermanos despois dun saque de esquina horriblemente defendido polo equipo castellonenco.
Se mal rematou a primeira metade para o Vilarreal, peor comezaría a segunda. Unhas mans sobre a liña de portería de Juan Foyth foron sancionadas con penalti e expulsión. O submarino quedaba con dez e Guirassy, aproveitando o rexeite tras errar a pena máxima, acadaba o segundo gol do partido. E aínda chegaría un terceiro tanto tras unha afortunada xogada que rematou sen querer Adeyemi. Fabio Silva erraría un novo lanzamento de penalti para os locais. O Vilarreal estaba moi tocado e necesitaba que o partido rematase canto antes. Pero o Borussia teróa tempo de acadar o cuarto a través de Svensson, xa no tempo de prolongación. Dura derrota dos castellonencos que case necesitarían unha milagre para acceder a fase de eliminatorias.