Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Venres Santo non foi propicio para o Rácing

O Venres Santo non foi propicio para o Rácing

Perdeu por 1-3 diante do Zamora e escapoulle a posibilidade de poñerse no segundo posto

Xerou un gran número de oportunidades pero tivo a sorte de costas

G24.gal 15/04/2022 22:34

No intre no que se podía poñer como segundo, logo de once xornadas sen coñecer a vitoria con oito triunfos chegou o partido do infortunio para o Rácing. Caeu por 1-3 diante dun Zamora que estaba en descenso nun partido no que o resultado non reflictiu o que aconteceu no campo. 

O partido ccomezou cun polémico gol de Dongou e antes do minuto 25 os zamoranos xa gañaban por 0-2 cun gran tiro de Jorge Fernández. A partir dese intre o Rácing emborcouse sobre a porta visitante pero non conseguiu marcar ningunha das moitas ocasións que tivo. 

Foron nove ocasións e ningunha acabou no fondo da rede. Pola contra, o Zamora achegouse unha vez sobre os dominios de Gazzaniga e Yanis acadou o 0-3. No último minuto David Rodríguez transformou un penalti pero o Rácing perdeu unha gran ocasión de seguir asegurando o play off de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade