Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vandalismo leva ao peche outro negocio de expendedoras 24 horas en Boiro

O vandalismo leva ao peche outro negocio de expendedoras 24 horas en Boiro

As súas máquinas foron obxecto de dous ataques no que vai de ano

Imaxe deste martes do local de expendedoras 24 horas que queda aberto no centro de Boiro
G24.gal 07/02/2023 13:55

O da avenida da Constitución é o único local con máquinas de autovenda 24 horas que queda na zona urbana de Boiro. O seu propietario explica que é difícil resistir ante a acción vandálica dalgúns mozos na fin de semana cando xa pecharon todos os locais de ocio. Cada domingo á mañá encóntrase con algunha falcatruada e esta máquina é a preferida dos vándalos.

Paolo Iovino, copropietario do establecemento, explica que "os mozos despois de que acaba a marcha veñen buscan algo de comer e de beber. Veñen para acá e, ebrios e con outras cousas dentro, teñen a conduta que teñen".

E engade  que non só sofren o prexuízo dos estragos que lles deixan algúns descontrolados da madrugada e o ruído que fan.

"E os veciños mesmo chegaron a reclamarnos polo ruído que ocasionan na marcha da fin de semana, e nós non temos culpa", di.

Conta que as súas máquinas foron obxecto de dous ataques no que vai de ano. Denunciou e presentou videogravación dos feitos. O comerciante di que isto pasa porque hai pouca vixilancia e en boa parte debido a que o cadro de efectivos da Policía Local de Boiro está baixo mínimos.

"A Policía Local non terá moitos efectivos, e se o setenta por cento dos efectivos está de baixa, iso non é normal. Non é normal no referente á vixilancia desde un organismo público. Iso hai que solucionalo", afirma Iovino.

O comerciante lembra que accións similares ás que leva sufrido acabaron con dous negocios deste tipo en Boiro, o último é o situado na zona de Praia Xardín. Os donos botaron o peche cansos de roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade