Publicador de contidos
Publicador de contidos

O último sábado de xaneiro pecha o mes con temperaturas moi cálidas

O último sábado de xaneiro pecha o mes con temperaturas moi cálidas

Un inusual tempo anticiclónico que rompe coa tónica invernal, sen chuvia

Son síntoma dunha tendencia preocupante e que ten consecuencias

G24.gal 27/01/2024 21:27

Estampas clásicas de primavera-verán en pleno xaneiro. Paseos ateigados, terrazas cheas, postos de ambulantes coas últimas tendencias, castelos na area e, como non, un baño refrescante entre as ondas do mar de Vigo.

"Porque logo saes e estás ben, a auga debe estar a 13 graos, fóra estamos a 15 ou 16 graos, así que mellor fóra que dentro agora".

"Non me imaxinaría un tempo así en xaneiro na vida. Para facer deporte é unha marabilla, é calidade de vida. Ademais aquí ao lado do mar".

"Nós estamos en manga curta en pleno xaneiro e comeza febreiro e con que isto siga así, xa nos poñemos en traxe de baño".

Un inusual tempo anticiclónico que rompe coa tónica invernal, sen chuvia e con temperaturas que roldan os 20 graos en boa parte do país e que soben incluso un chisco máis en zonas como Pontevedra, A Coruña ou Ferrol. Ambiente que convida a saír e que incluso transporta a outras latitudes. 

"Estou como desconectada, que se sente moitísima paz. Estou a unha hora e media da miña casa pero estou como se me fora a un paraíso".

"Moitísimas ganas de sol, eu polo menos tiña moitas ganas de saír, de pasear, de gozar".

"Dá a impresión de que está todo o mundo fóra, da gusto estar así. Facía moita falta que viñera bo tempo".

Non se baten marcas de rexistros cálidos nun mes de xaneiro, pero si son síntoma dunha tendencia preocupante e que ten consecuencias.

"A falta de precipitacións e sobre todo precipitacións en forma de neve, e polo tanto pode ter influencia de cara aos próximos meses", explicaba Francisco Infante, delegado da AEMET en Galicia.

Este adianto primaveral motivado pola presenta na península dunha masa de aire subtropical e que vai aguantar toda a fin de semana sobre a xeografía galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade