O último barco de Domingo Villar parte de Vigo a Moaña
Os lectores e lectoras de Domingo Villar, o escritor falecido en Vigo, deron vida aos escenarios e personaxes da súa última novela
Foi nun ruta pola ría de Vigo a bordo do último barco cara a Moaña
Léronse fragmentos durante a travesía dalgunhas das súas obras ás que daba vida o inspector Leo Caldas
O último barco de Domingo Villar partiu este sábado de Vigo cara a Moaña coas últimas raiolas de sol.
A bordo ían os seus libros e os lectores e lectoras que leron durante a viaxe fragmentos dos seus coñecidos títulos.
O argumento do seu último libro cobrou vida con esta travesía e o último barco de Domingo volveu cruzar a ría. Abrazados aos seus libros e á súa escrita, así despediron este vigués que catapultou a novela negra, ambientada en Vigo e a súa comarca da man de Leo Caldas.