Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turismo ourensán benefíciase da nova conexión do AVE esta Semana Santa

O turismo ourensán benefíciase da nova conexión do AVE esta Semana Santa

Os billetes xa están esgotados a meirande parte dos días

G24.gal 04/04/2022 14:26

A maioría dos trens desde Madrid xa non teñen prazas para Semana Santa. Os hostaleiros de Ourense confían en que o efecto AVE axude a recuperar as cifras de ocupación anteriores á pandemia.

A estas alturas é case imposible conseguir unha praza de tren desde Madrid para chegar a Galicia nesta fin de semana e o mércores e Xoves Santo. Os hostaleiros da provincia de Ourense xa o notaron nas reservas de hoteis, balnearios e restaurantes, e prevén chegar a un 85 % da ocupación. Será un turismo nacional e familiar que ademais da Ourense capital ou Allariz explorará A Ribeira Sacra ou a ampla oferta de turismo termal da provincia.

E non só en alta velocidade. Non hai prazas dispoñibles en ningún dos trens que operan este venres e sábado. E para mércores que vén e Xoves Santo tamén están xa completos.

A conexión coa meseta a través da alta velocidade ofrece novas oportunidades para potenciar e dinamizar o sector turístico ourensán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar