A Xunta destina 40 millóns a atraer grandes proxectos de seguridade e defensa
A selección de proxectos farase medidante o sistema de contratación dirixido a que "desenvolvan produtos, servizos ou solucións que non están agora no mercado"
O Consello da Xunta aprobou este luns destinar 40 millóns de euros a atraer grandes proxectos industriais da seguridade, a defensa e o aeroespazo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou a proposta como "pioneira en España" xa que se fará través dun sistema de compra pública precomercial, de maneira que se busca que "desenvolvan produtos, servizos ou solucións que non están agora no mercado".
A medida forma parte da Inciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo impulsada pola administración galega, que prevé mobilizar uns 900 millóns de euros ata 2030 e crear uns 500 postos de traballo de alta cualificación.
Desde a Xunta destacan que un dos criterios relevantes na selección dos proxectos é que aposten por fabricar en Galicia os produtos resultantes.
O obxectivo é impulsar a industria galega da seguridade e a defensa apostando pola produción de sistemas que reforcen a protección da poboación, as fronteiras ou medio ambiente, con solucións para mellorar a vixilancia do litoral, o rescate de persoas ou previr ciberataques nos servizos públicos.