Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG confirma a condena o violador do Hospital Xeral de Vigo a 16 anos

O TSXG confirma a condena o violador do Hospital Xeral de Vigo a 16 anos

O ADN dun roubo cometido polo acusado logrou descubrir a autoría da violación dez anos despois de ocorrida

G24.gal 05/12/2025 19:58 Última actualización 05/12/2025 21:25

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou  estes días a dezaseis anos e medio de prisión ao home que violou unha muller que  saía de traballar de madrugada no vello hospital xeral en 2013.

A agresión causou gravísimas secuelas na vítima que é altamente dependente desde aquela. No xuízo como lembrarán a xuíza tivo que interromper a sesión e desaloxar os medios pola forte agresividade do agora condenado.

A berros e  con insultos, así chegaba á sección quinta da Audiencia de Pontevedra Tito Montoya o 17 de setembro de 2025.

É o home xa condenado por violar brutalmente e roubar unha muller que saía de madrugada de traballar en labores de limpeza no vello hospital xeral de Vigo.

Moitos dos asistentes ao xuízo consideraron que conseguiu o seu obxectivo de que non houbese prensa na sala. Foi condenado primeiro a dezaseis anos e medio e agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma esta condena.

O experto penalista Alejandro Vega considera que era practicamente imposible que prosperase o recurso do acusado.

Os feitos ocorreron en 2013 cando a muller atravesaba un descampado próximo ao hospital para coller o autobús. A identidade do autor tardou en coñecerse preto de dez anos despois grazas a que se atopou ADN do autor nun roubo. Alejandro Vega salienta o valor destas probas de ADN que se poden facer  de xeito obrigatorio nos casos máis graves coma este.

Ademais de violala moi agresivamente rouboulle e intimidouna cunha arma. A vítima presenta deterioración cognitiva grave e non puido declarar, ten unha grave dependencia polo que tivo que ser ingresada nunha residencia malia non ter a idade de xubilación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade