Publicador de contidos
Publicador de contidos

A traxectoria do Cangas colle pulo cun extraordinario triunfo diante do Ademar

A traxectoria do Cangas colle pulo cun extraordinario triunfo diante do Ademar

Segunda vitoria consecutiva (34-31) do equipo do Morrazo, que se sitúa a catro puntos do Cuenca, o vindeiro rival que visita o Gatañal

Jorge Pérez estivo maxistral na portería con catro penaltis detidos

G24.gal 31/03/2024 11:10

O Frigoríficos do Morrazo sumou a segunda vitoria consecutiva na Asobal, deu un paso case definitivo para afastarse do descenso directo e achégase a catro puntos do Cuenca coa posibilidade mesmo de evitar o play out. Os conquenses serán, precisamente, o vindeiro rival que visiten o Pavillón do Gatañal noutro duelo subliñado en vermello. 

Diante doutro grande da competición o Cangas ofreceu unha imaxe inmellorable. Os de Nacho Moyano amosaron a súa ambición desde o principio e acadaron unha gran secuencia anotadora. No minuto 21 o resultado era de 15-10 e ao descanso aguantaba os cinco goles de vantaxe (21-16). 

No segundo tempo agardábase a presión do poderoso Ademar de León, pero o Cangas contivo todas as tentativas visitantes de achegarse no marcador. Só conseguiron poñerse a tres goles, e cando quedaba un minuto para o final e estaba o peixe vendido (34-31). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos