Publicador de contidos

Publicador de contidos

O transporte de viaxeiros tamén reclama medidas "inmediatas" ao Goberno

O transporte de viaxeiros tamén reclama medidas "inmediatas" ao Goberno

Os 500 millóns de euros en rebaixa de carburantes prometidos polo Goberno son só para as mercadorías

Este xoves volverán reunirse coa Ministra de Transportes

G24.gal 23/03/2022 21:56

Taxistas e condutores de vehículos de alugueiro, ambulancias e autobuses de transporte non regular sumáronse aos sectores que din non poder soportar máis tempo un incremento dos prezos da enerxía e reclaman axudas "inmediatas" para afrontar a súa "crítica situación".

Este é o reclamo dun colectivo que este mércores tivo unha reunión coa ministra de Transporte Raquel Sánchez e que o xoves tamén foi convocado a unha nova reunión.

Por parte do Comité Nacional do Transporte por Estrada sentaron á mesa 15 representantes das 8 seccións do departamento de viaxeiros da organización, en que están representados os condutores de autobuses discrecionais, os de autobuses regulares, as ambulancias, as axencias de viaxes, os taxistas e os vehículos de alugueiro.

Cada asociación contou cun representante para expoñer as necesidades dos seus asociados. Non se ofreceron cifras concretas —iso espérase na xuntanza do xoves— pero aclarouse que os 500 millóns de euros en rebaixa de carburantes prometidos polo Goberno son só para as mercadorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade