O PSG reacciona a tempo para gañar a Supercopa de Europa
O partido acabou cun empate (2-2) despois de que o equipo de Luis Enrique igualase con dous goles nos últimos dez minutos
O Tottenham tamén comezou en vantaxe a quenda de penaltis pero acabou caendo (4-3)

Tiña a final da Supercopa de Europa perdida o París Saint Germain a dez minutos do final do partido pero a reacción dos de Luis Enrique permitiulles forzar unha quenda de penaltis na que lograron o primeiro título da temporada.
Río revuelto, ganancia de Van de Ven. 🎯
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) August 13, 2025
El Tottenham golpea primero en la #SuperCup.#LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/2j0b0x8D5v
O Tottenham chegou ao descanso xa en vantaxe (0-1). Marcou o gol o neerlandés Micky Van de Ven no treito final na primeira parte. O defensa dos Spurs, convertido en lateral esquerdo, aproveitou o rexeitamento do traveseiro para definir diante da meta defendida por Lucas Chevalier, substituto de Donnarumma na porta do PSG.
El error de Chevalier.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) August 13, 2025
El segundo del Tottenham. #LaCasaDelFútbol #SuperCup pic.twitter.com/YAASdmbARi
Ao pouco de principiar a segunda parte o Cuti Romero facía o segundo tanto e encamiñaba o título para o conxunto inglés nun erro de Chevalier. Luis Enrique buscou cos trocos de Fabián, Kang In Lee ou Gonçalo Ramos. Foi o coreano Kang In Lee o que recortou diferenzas a cinco minutos do final e cando pasaban catro do noventa o portugués Ramos cabeceou á rede un centro de Dembelé.
Por algo es el ganador de la Champions.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) August 13, 2025
El PSG levanta un 0-2 en contra y Gonçalo Ramos fuerza los penaltis en el minuto 93. #SuperCup #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/t3TXr2UjPc
Decidiuse o gañador na quenda de penaltis na que o PSG fallou o primeiro lanzamento pero acertou nos catro seguintes. O Tottenham errou dous tiros e acabou lamentando a perda dunha grande ocasión para levar outro título europeo.