Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Tottenham salva a temporada nunha final moi discreta da Europa League

O Tottenham salva a temporada nunha final moi discreta da Europa League

Un gol en propia porta de Luke Shaw decidiu o enfrontamento inglés diante do Manchester United

G24.gal 21/05/2025 22:38

Un gol en propia porta de Luke Shaw no minuto 42 decidiu a final inglesa da Europa League que enfrontou ao Tottenham Hotspur e o Manchester United. Dous equipos con moito nome pero con pouco fútbol tal e como están a demostrar esta temporada na Premier League onde acreditaron rexistros moi discretos. A final disputouse no campo de San Mamés. 

O espectáculo da primeira parte foi moi mellorable pero xusto antes do descanso un centro de Pape Sarr rematouno Brennan Jhonson e acabou marcando despois de tocar en Shaw. 

Na segunda parte o Manchester levou a iniciativa do partido pero só conseguiu xerar ocasións coa entrada de Garnacho no campo. O hispano arxentino levou algo de alegría ao fútbol de ataque dun United que continúa sen levantar cabeza. O Tottenham festexou o título -o primeiro nos últimos 16 anos- e a clasificación para a vindeira Champions, unha milagre despois dunha campaña desastrosa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar