Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tostado do Ribeiro é un viño tradicional, considerado o rei dos viños galegos

O tostado do Ribeiro é un viño tradicional, considerado o rei dos viños galegos

Adegas Celme, en Castrelo de Miño, é unhas das poucas na D. O. do Ribeiro que segue a elaborar este viño, un dos máis peculiares e escasos de Galicia

É un viño doce que sae da pasificación natural das uvas autoctóctas de variedades brancas 

Despois dun mínimo de tres meses secando os acios ao natural sae un mosto moi concentrado co que se elabora este caldo, considerado unha xoia enolóxica

As uvas autóctonas de treixadura e loureira pasíficanse de xeito natural nun secadoiro.
G24.gal 11/09/2022 15:18 Última actualización 11/09/2022 16:01

No Ribeiro tamén están estes días en plena vendima. Alí elaboran de xeito tradicional un dos viños máis peculiares e escasos de Galicia: o tostado do Ribeiro. Imos coñecer hoxe como é de delicado e longo o proceso de produción do considerado desde hai séculos o rei dos viños galegos

O viño tostado do Ribeiro é un viño doce, considerado unha xoia enolóxica, cunha produción laboriosa, complexa e moi escasa. Malia ter unha longa tradición na Denominación de Orixe do Ribeiro agora son a penas catro ou cinco adegas as que o seguen a elaborar.  Unha delas é a Adegas Celme, situada no concello ourensán de Castrelo de Miño. Xa coa vendima feita, seleccionaron do seu viñedo os mellores acios de uva branca das variedades autóctonas treixadura e loureira.

Estes días remataron o primeiro paso para a elaboración do tostado: colgar un a un os acios nun secadoiro onde pasificarán de xeito natural para logo extraer o mosto do que sae este viño único.

Unha elaboración tradicional do Ribeiro

Unha xoia enólóxica pola que Dori e Jorge, os donos de Adegas Celme, apostaron no seu proxecto vitivinícola: manter a elaboración tradicional do viño tostado do Ribeiro. Para facelo eles mesmos deseñaron o seu secadoiro con ventilación natural para a pasificación das uvas. E din que non todas as vendimas serven para facer esta coidada elaboración.

Cando a uva está pasificada, entre tres e seis meses despois, descolgan os acios e volven seleccionar os mellores. Logo elaboran un viño que pasa primeiro uns oito meses pola barrica e cerca dun ano na botella, antes de saír ao mercado.  

Só colgan 10.000 acios seleccionados, máis ou menos unha tonelada de uva, da que soamente saen unhas 300 botellas de cuarto de litro do tostado do Ribeiro, un produto escaso e exclusivo. 

O resultado hai que probalo, xa no século XVII falaban del como o rei dos viños galegos, o mellor da casa.

A elaboración do viño tostado do Ribeiro é de longa tradición na Denominación de Orixe.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar