O temporal no mar afecta a cantidade e variedade de peixe nos mercados
Ns próximas horas as previsións dan alerta vermella no mar, o que podería complicar un pouco as vendas
Quen máis e quen menos intenta pasar as horas como pode porque hoxe o mercado non funciona a pleno rendemento "é o típico de cando hai temporal", comenta un praceiro.
Aínda así moitos contaban con ter menos peixe á venda:
"Cheguei ao porto e asusteime do peixe que había, pensei que non ía haber nada".
"Eu tamén vin moi contenta con tanta variedade para hoxe".
"Luras da ría, meigas, pescada do pincho, doradas e sargos".
Sorpresa a que tamén levaron moitos consumidores:
"Contaba con menos".
" O prezo é moi alto, pero..".
"Un pouquiño máis si, como en todo cando hai pouco é maís caro".
"Que se animen e fagan un pequeno esforzo, que aquí estamos".
Porque nas próximas horas as previsións din que a alerta vermella no mar, podería complicar un pouco máis as vendas, ata que o tempo volva dar unha tregua.