Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal deixou importantes danos no estuario do Miño, na Guarda

O temporal deixou importantes danos no estuario do Miño, na Guarda

A forte chuvia provocou enormes fendas en Camposancos e na praia do Muíño  

G24.gal 04/01/2023 15:56

A chuvia arrastrou un torrente de auga que abriu literalmente a terra na pista do Codesal e rebentou o colector da depuradora. A fenda chegou ata unha das vivendas. Os propietarios non daban crédito cando abriron o portal.  

A enorme fochanca cortou o acceso ás casas e tamén aos numerosos veciños e peregrinos que atravesan a diario a pista.  O alcalde da localidade remitiu un informe a Costas do Estado e á Xunta destacando a necesidade de reparar canto antes os danos. 

As escorras tamén provocaron o colapso da zona de acceso á praia de Miño que foi acordoada polas forzas de seguridade para evitar o perigo para os viandantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade