Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal de chuvia obriga suspender clases e pecha estradas en Valencia

O temporal de chuvia obriga suspender clases e pecha estradas en Valencia

Nas últimas horas caeron preto de 144 litros por metro cadrado nalgúns concellos, segundo AEMET

Alerta de nivel laranxa no litoral sur da provincia de Valencia 

Alerta de nivel amarelo no resto da Comunidade Valenciana para hoxe á mañá

G24.gal 06/10/2022 11:07

As precipitacións fortes e persistentes das últimas horas deixaron acumulados preto de 144 litros por metro cadrado en Alzira (Valencia) e obrigaron á suspensión de todas as clases e das instalacións deportivas municipais nos concellos de Alberic e Algemesí, tamén na comarca da Ribeira Alta, e ao corte de varias estradas comarcais.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), estanse rexistrado precipitacións de intensidade moi forte e persistente nesta comarca valenciana, pero tamén está a dar conta de chuvias de forte intensidade no litoral de La Vega Baixa, entre os municipios alacantinos de Torrevieja e Pilar de la Horadada. Tamén foron intensas as chuvias na Ribera Alta, pero nesta zona foron máis breves.

 O Centro de Coordinación de Emerxencias da Generalitat Valenciana estableceu para este xoves preemerxencia nivel laranxa no litoral sur da provincia de Valencia por choivas de 100 litros por metro cadrado, e o resto da Comunidade Valenciana estará hoxe e mañá venres en alerta nivel amarelo tamén por precipitacións.

Os usuarios das redes sociais tamén dan conta dos atrasos que a chuvia está provocando nas liñas de tren, tanto de proximidades coma das rexionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade