Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal costeiro déixase sentir nos mercados

O temporal costeiro déixase sentir nos mercados

Moitos barcos amarran por mor dos avisos no mar

A escaseza de bastantes especies fai subir o prezo arredor de cinco euros no quilo
 

G24.gal 15/01/2026 14:41

Ante a escaseza de capturas, houbo vendedores que decidiron pechar os seus postos e os que abriron non puideron ofertar todo o que lles gustaría.

"Moito posto non hai aberto, o que significa que non debe haber moito". "Escasea a meiga, a pescada e os peixes grandes de forno".

E precisamente a escaseza dalgunha especie repercute nos prezos, que hoxe atopámolos un pouco máis elevados. Con todo, os vendedores do mercado da praza de Lugo, por exemplo, din que, con respecto ao Nadal, baixaron os prezos, pero non tanto como deberían nestas datas.

"O linguado segue a 43 euros, pero nestas datas podería ir perfectamente a 35 euros. E a pescada baixou moito porque estaba a 30 e vai a 18, pero perfectamente podería ir a 12", explica unha vendedora.

Escasea tamén o marisco, sobre todo os percebes e a centola. Porén neste mercado aseguran que o hai é de boa calidade e que os prezos non subiron dun xeito esaxerado. "O camarón vai a 90 euros, o percebe a 85 e centola do país entre 30 e 45 euros".

Semella que esta imaxe seguirá repetíndose nas próximas xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade